11 abr 2012

PROXECTO RÍOS - BOLETÍN ABRIL 2012

Gardarríos dixital
Boletín mensal.  Abril 2012
Proxecto Ríos
CAMPAÑA DE PRIMAVERA e XV CURSO DE FORMACIÓN
macro.jpgO 15 de abril da comezo a campaña de primavera do Proxecto Ríos, que durará ata o 1 de xuño. Este é o período no que o voluntariado sae aos seus treitos de río para facer as inspeccións e comprobar o estado de saúde do río. Como é costume, dentro da campaña realizarase o XV Curso de Formación para coordinadores na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con en Vilagarcía de Arousa. Será o sábado 5 de maio (no calendario aparece o día 14 de abril). Podedes anotarvos no seguinte enderezo: pacobanhobre@adega.info.
O País dos Mil Ríos
CARTAZ OS MACROINVERTEBRADOS BIOINDICADORES

cartaz.png
O Proxecto Ríos vai editar un cartaz dos macroinvertebrados bioindicadores dos ríos galegos.
Aqueles grupos, voluntarios e voluntarias que o desexen poderán recoller o cartaz no local de ADEGA-Proxecto Ríos (Travesa de Basquiños 9 baixo, Compostela) ou nas próximas actividades do Proxecto Ríos, curso de formación, saídas formativas, encontro de voluntariado ambiental, etc.
Novas
PROXECTO CUSTODIA FLUVIAL ULLA UMIA LÉREZ
imagen2.jpgDende o ano pasado ADEGA desenvolve na comarca de Caldas e Tabeirós-Terra de Montes unha iniciativa de custodia fluvial nas cuncas do Ulla Umia e Lérez. O proxecto desenvolverá diversas accións de conservación e recuperación do patrimonio natural, paisaxístico e etnográfico de ríos e regatos destas tres bacías. Asociacións de Cuntis, Forcarei e A Estrada son as promotoras das iniciativas de custodia. Máis info na seguinte ligazón



Gardarríos dixital. Contacta connosco.
Contacta co Proxecto Ríos

1 comentario:

  1. O 12 DE MAIO,POLA MAÑÁ, IMOS A INSPECCIONAR UN TREITO DE 500 METROS DO RÍO ZAMÁNS COA AXUDA DE TÉCNICOS ESPECIALIZADOS. ACOMPAÑANOS E XUNTOS APRENDEREMOS A RESPETAR E COIDAR UN POUCO MÁIS O NOSO FERMOSO RÍO.

    ResponderEliminar