27 ago 2012

Xeira polos muíños de Vincios e visita á igrexa de Santa Mariña.


PDFImprimirCorreo-e
A igrexa de Santa Mariña.No couto de Vincios xa existía, dende finais do século XII ou, se cadra, principios do XIII, a igrexa románica de Santa Mariña. Esta sufrirá diversas reformas e adicións ao longo do tempo, sendo as máis significativas as da ábsida, de mediados do XVI, e a ampliación da sancristía, do XVIII. Durante a visita teremos oportunidade de apreciar as diversas pegadas que canteiros e artesáns deixaron na súa estrutura, así como algúns das historias e tradicións que aínda custodian os seus muros.
Os muíños de Vincios.
Na Parroquia de Vincios había en 1753 29 muíños, segundo os rexistros do Catastro de Ensenada. Hoxe grazas ao traballo da asociación Pedraghullo estase levando a cabo un traballo de recuperación, en primeiro lugar da memoria, vendo cales se conservan e cales foron feitos despois de 1753; limpeza da contorna e dos muíños, elaboración dunha ruta para poder visitalos e a posta en valor do conxunto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario